Abril 2005
Venres 22 de abril de 2005
1
Estou de forzadas vacacións e non teño en que pasar o tempo.
Aquí porei algunhas fotos desta terra.
Chauciño.
2
Non sae a ligazón a esta terra.
Aquí estou eu en Wilmington, NC hai unhas semanas
Sábado 23 de abril de 2005
Hoxe houbo un picnic da VIF no lago Wheeler en Raleigh
Aquí estamos Toño, Cris, Ana e máis eu.
A festa estaba organizada pola VIF, para quen traballan Ana e máis Cris. Estivo ben e o día axudou que pensabamos que ía chover.
Despóis fomos ao Triangle e había un concurso de misses.
Tamén estivemos no Barnes & Noble mergullados entre os centos de libros ata que nos doían os ollos.
Algunhas das misses
posted by acedre @ 7:50 PM 0 comments
Domingo 24 de abril de 2005
Nada novo por aquí
Hoxe foi un día tranquilo. Como o tempo estaba frío non fomos facer ningunha excursión.
Despóis de xantarmos fomos ao ximnasio a nadar un chisco. Logo pasamos polo Wal-Mart e para casiña.
A fin de semana pasada foi máis movida. Fomos a un powwow, unha xuntanza de indios onde bailan ao son dos tambores e dos cánticos coa gorxa forzada.
Había tenderetes de artesanía e postos de comida e moito corido e xente de tódalas cores de face e de pelo. Un bonito exemplo de integración !.
Por Galicia sei que foi o día do libro e a festa da Lamprea en Arbo…co ben que a fai miña sogra !.
Outro día xa chimparei da lamprea e do viño.
Os nenos eran quen máis desfrutaba
Tamboreiros no powwow dos Haliwa-Saponi en Warren County, NC
posted by acedre @ 2:33 PM 0 comments
Luns 25 de abril de 2005
Outro luns po saco
Hoxe facía fresco porque o aire zoaba.
Fun co meu amigo Gustavo a Raleigh. Fomos coller unha caixa con libros e materiais escolares para Cris no edificio de educación. Como hai medidas de seguridade fixéronnos un carné con foto e todo para entrarmos e…botariamos dez minutos alá en dentro !.
Era cedo e estabamos ao ladiño do Museo de Ciencias Naturais e alá fomos.
Este museo é bastante completo e de balde. Ten representacións dos habitats de Carolina ( un estado un chisco máis grande que Portugal ). Hai dende peixes a aves pasando por formigas, esquíos, ” possums ” ( principais víctimas do asfalto), dinosaurios e un feixe máis. Tamén había granito e o de aquí é o ” Mt. Airy granite “ que é branco con pintas. Tamén había ouro neste condado e centos de cousas máis…pero estivemos unha hora e pouco.
Á tarde fun a inglés e aprendemos máis ” idioms “. A profesora Natasha dá un nivel un pouco alto para a maioría da xente e de feito algúns alumnos escaparon. Con Amy a cousa era máis doada e máis variada.
Cambiando de tema. Onte Ana entrou en Eurovisión e estivemos escoitando as cancións e facendo a nosa votación.
A música é variada e rara e hai austriacos que cantan anacos en español, portugueses que representan a Bélxica, estonias representando a Suiza e unha holandesa a Andorra.
E máis nada. Chauciño.
posted by acedre @ 7:47 PM 0 comments
Martes 26 de abril de 2005
Hoxe vou a Wilmington por dous días
Iso. Vou estar ata o xoves á noite que as rapazas teñen un curso alá.
Chau.
posted by acedre @ 9:11 AM 0 comments
Xoves 28 de abril de 2005
Ana e máis Cris disfrutando da praia
O Colín facendo amistade cun sapocuncho
Paseos e praias
Pois si. Estivemos en Wilmington estes dous días.
Ana e Cris facían un curso polas mañás na universidade e eu e mailo Colín dabamos voltas polos parques. Un parque é pequeno: o de Hugh Mcrae, e de curioso tiña un feixe de tartarugas tomando o sol que semellaban crocodrilos e un niño artificial para morcegos.
O outro parque era o de Greenfield Lake. É un lago en plena cidade pero totalmente bravo e ata ten crocodrilos !!!. O lago é ” swamp ” que é coma as gándaras nosas: augas pouco fondas e moita vexetación. O Colín máis eu demos a volta completa que eran máis de seis quilómetros e había un feixe de animais como garzas, tartarugas, parrulos, cisnes, gansos, ocas e os omnipresentes esquíos aparte de máis animais…
Pola tarde fomos á praia de Wrightsville o mércores e hoxe á praia de Fort Fisher.
Non facía moita calor polo aire que soplaba pero non estivo mal de todo.
A noite do mércores ceamos no ” Rum Runners ” bastante barato e con dous pianistas que tocan en vivo e unhas camareiras xeitosas, je, je, que lles chaman as vixiantas da praia…
Dende logo, Wilmington é outra cousa. Ten bastante ambiente e está bastante coidado. É unha cidade un pouco máis pequena que Pontevedra pero con moita vida e moita luz. E coas praias a menos de media hora. Ten tódolos servizos e universidade e un barco de guerra de museu.
E isto foi a viaxe en poucas palabras.
Ata outra.
posted by acedre @ 7:55 PM 0 comments
Venres 29 de abril de 2005
O osiño triste pensando no seu futuro
Unha historia cun final feliz
Hoxe chove aquí que semella Galicia nos bós tempos. Aparte diso todo vai ben. Hoxe chamáronme de Staffmark , a empresa de traballo temporal para quen traballo en Revlon, para que volvese ao choio este luns.
As rapazas están no choio, o Colín está ben lavadiño e descansando dos paseos e Toño está hoxe aquí ata mañá.
O Toño está a facer un internado en Waynesboro, en Virxinia, a unhas tres horas de aquí. O sitio é un centro de recuperación de animais salvaxes e o Toño está na súa salsa.
Alí entran moitos animais feridos e enfermos e uns acaban mal e outros teñen un final feliz e a iso vou.
Hai unha semana chegou un osiño duns tres meses coma moito. O pobriño quedou orfo que uns cazadores acabaron coa nai. Si, aquí cázanse osos e ben ghabachos que están…
Pois alguén trouxo o bichiño que andaba perdido por eses montes e sen moitas esperanzas de sobrevivir de tan pequeno que é. No centro de recuperación coidárono moi ben , con todo o cariño e o saber desa xente…pero o osiño estaba triste e asustado.
Ata que a xente do centro se puxo en contacto con outros centros e apareceu un que tiña o caso contrario e complementario: unha nai osa que perdeu a súa cría dunha enfermidade e a osa estaba triste tamén.
Os dous centros puxéronse de acordo e o de Virxinia mandou o orfiño onda a osa para veren se se aceitaban mutuamente…E así foi: a nai e o fillo fixeron unha nova familia feliz e unida.
posted by acedre @ 9:27 AM 0 comments
Sábado 30 de abril de 2005
Pendellos e prados perto de Norlina
posted by acedre @ 3:07 PM 2 comments ![]()
![]()
Sábado agrisallado na casa
Onte á tarde fomos Ana máis eu á piscina. Era o derradeiro venres de abril e había a festa da familia pero non había ninguén. Bueno, estaban os socorristas: Adán, Heather, Bethany e Robert. O Adán é mexicano e moi simpático. Nós chamámoslle Shin Chan porque fai trasnadas e leva o bañador que parece o polón do tal Shin Chan. A Adán non lle gusta o nome que di que lle lembra a Sancho.
Tamén foi o cumpre de Inés, a chica arxentina e fomos cear co ela e a familia.
E hoxe quedamos na casa que ía facer un día malo pero non é para tanto ao final.
Levo todo o día fozando no blogomillo e hai de todo. Ana traballa e escoita música e no de Eurovisión xa ten favoritos: Suiza, Alemaña, Servia e Montenegro e Lituania.
Eu só saín para mercar algo para facer Ana un postre e fixen a foto esta. Faltan os cabalos para darlle un toque máis bonito…outra vez será.
Mañá temos previsto ir a Richmond en Virxinia. A ver que tal día fai.
posted by acedre @ 3:05 PM 0 comments








